Historia da arte 2º de bacharelato



Baixar 0.88 Mb.
Página1/34
Encontro27.04.2018
Tamanho0.88 Mb.
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   34

HISTORIA DA ARTE 2º de BACHARELATO

INDICE
ARTE PREHISTORICA 7

1- A orixe da Arte 7

2- O Neolítico 8

2.1- O Megalitismo 9

3- A Idade dos Metais 10

3.1 A Cultura castrexa 11
ARTE EXIPCIA E MESOPOTÁMICA 13

1- A ARQUITECTURA EXIPCIA 13

As pirámides 13

2- A ESCULTURA EXIPCIA 17

3- ARTE MESOPOTÁMICA 19
ARTE GREGA 21

1- A ARQUITECTURA: Ordénes e templos gregos 21

A Acrópole de Atenas 21

O ERECTHEION 24

2- A ESCULTURA GREGA 25

Epoca clásica (século V a.c.) 26

Época Postclásica (século IV antes de Cristo) 30

1- O Urbanismo Romano 34


ARTE PALEOCRISTIÁ E BIZANTINA 40

1- Arte Paleocristián 40

2- Arte Bizantina 41

2.1 Arquitectura 41

San Vital de Ravenna. 42

2.2 Mosaicos 43


ARTE PRERROMÁNICA 45

1- Arte visigoda 45

2- Arte Asturiana 48

Santa María do Naranco 49

3- Arte Mozárabe 50

4-ARTE CAROLINXIA 51


A ARTE ISLAMICA EN AL-ANDALUS 53

MESQUITA DE CORDOBA 53

1.2)Período Almohade (S. XII) 55
ARTE ROMÁNICA 59

1- A ARQUITECTURA DO CAMIÑO. A CATEDRAL DE SANTIAGO 59

1.1- As Igrexas de peregrinación 59

A Catedral de Santiago 60

Colexiata de San Isidoro de León 61

Igrexa de Sta. Fe de Conques (Auvernia, Francia) 63

2- AS PORTADAS ROMANICAS 65

3- A CATEDRAL DE SANTIAGO. ESCULTURA 69

O Pórtico da gloria 70

ARTE GÓTICA 72

1-A CATEDRAL GOTICA (Estrutura constructiva, espazo e portadas) 72

Imaxe e símbolo da catedral 73

1-Gótico lineal (s. XIII) 79

2- O Italogótico (S. XIV) 79

3- O Gótico Internacional. (F. s. XIV e ppios do XV, “arte 1400”) 81

4- O Gótico flamenco (s. XV) 81

3-ESCULTURA GOTICA 84
ARTE DO RENACEMENTO 86

1- Os precursores: Brunelleschi. Donatello. Masaccio. (1ª/2 S. XV) 86

2: A segunda xeración. Alberti. Piero della Francesca. Mantegna. Botticelli. (2ª/2 S. XV) 89

3- O PERÍODO CLASICO DO RENACEMENTO. (F. XV-P.XVI) 93

3.1: LEONARDO DÁ VINCI 93

3.2-: BRAMANTE E RAFAEL 94

3.3- A ESCOLA VENECIANA 96

Tiziano 96

3.4- MIGUEL ANXO 98

A Capela Sixtina 100

4- O RENACEMENTO EN ESPAÑA 102

5- A ARQUITECTURA DO RENACEMENTO EN GALICIA 103

6- O MANIERISMO 105

6.1- A arquitectura manierista. 106

6.2 A Pintura manierista 107

O Greco 107

6.3 A Escultura manierista 109
ARTE BARROCA 110

1- A ARQUITECTURA BARROCA EN ROMA: BERNINI E BORROMINI 110

2- A ARQUITECTURA BARROCA EN ESPAÑA 113

2.1 O Barroco compostelán 114

3- A ESCULTURA BARROCA 119

3.1 Bernini 119

3.2. Escultura barroca española 120

Cristo xacente, ca. 1614. 121

Martínez Montañés 122

4- A PINTURA TENEBRISTA 122

5- VELAZQUEZ 124

1-BIOGRAFIA (léla pero non estudala) 124

2 -A TECNICA DE VELÁZQUEZ. 129

3- OBRAS. 132

6-ZURBARAN E MURILLO 145

6.1 Zurbarán 145

6.2 Murillo 146

7- A PINTURA DOS PAISES BAIXOS: RUBENS. REMBRANDT. 147

7.1 Rubens (1577-1640) 147

7.2 Rembrandt Van Ryn (Holanda, 1607-1669). 149


ARTE NEOCLÁSICA, ROMÁNTICA E REALISTA 151

1- O NEOCLASICISMO 151

Jacques-Louis David (1748-1825) 151

2- O ROMANTICISMO 152

Theodore Géricault 152

Eugene Delacroix 153

3- O REALISMO 153

Gustave Courbet 153

4- FRANCISCO DE GOYA 154
O IMPRESIONISMO 159

Édouard Manet 160

Claude Monet 160

Pierre-Auguste Renoir 161

Edgar Degas 162

Auguste Rodin 162

O POSIMPRESIONISMO 163

Paul Cezanne 163

Vincent Van Gogh 163

Paul Gaugin 164


A ARQUITECTURA DO SÉCULO XIX 165

1-A ESCOLA DE CHICAGO 165

2- O MODERNISMO 166

Antoni Gaudi 166


ARTE DA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX 168

1- O FAUVISMO 169

Henri Matisse 170

2- O CUBISMO 171



Pablo Picasso (Málaga 1881-Mourins 1973) 171

Etapas na súa pintura. 171

Obras. 172

3-O EXPRESIONISMO 175

4- A ABSTRACCIÓN 175

4.1 Kandisnky 175

4.22- Piet Mondrian: 176

5- DADAÍSMO 176

Marcel Duchamp (1887-1968) 177

6- SURREALISMO 178

Marc Chagal 179

Joan Miró (1893-1983) 180

Salvador Dalí (1904-1989) 181

7- ESCULTURA DA PRIMEIRA METADE DO XX 184

Pablo Gargallo (1881-1934) 184

Henry Moore (1898-1986): Organicismo/Neofiguración 184

8- A ARQUITECTURA DO SlGLO XX 185



Mies Van der Rohe (funcionalismo) 187
ARTE DA SEGUNDA METADE DO SÉCULO XX 189

1. O Expresionismo abstracto. 189

2- O “POP ART” 192

3- O NOVO REALISMO 193



Antonio López García (1930) Hiperrealismo/Novo realismo madrileño 194

4- A PINTURA GALEGA (1922-1936) 195


ARTE PREHISTORICA

A prehistoria é o período de tempo que vai dende a aparición do home na Terra ata o momento en que contamos con documentos escritos (Historia). A escritura aparece cara o 3700 na zona danubiana e cara o 3500 a.c. en Mesopotamia pero tarda milenios en difundirse polo planeta de modo que entre a Prehistoria e a Historia adoita existir un período (a Protohistoria) no que hai pobos dos que non posuímos documentos escritos aínda que si referencias indirectas a través da escritura de pobos veciños.


O Paleolítico (do grego Padexo=antigo e litos=pedra) é o período máis antigo da prehistoria e caracterízase pola utilización de ferramentas de pedra tallada (xeralmente sílex). No Paleolítico superior (50.000-10.000 ac.) aparece o home de Cro-Magnon en Europa. O clima é de tipo glaciar (glaciación de Würm) e os homes viven en covas, en grupos de 20-30 individuos dedicados á caza dos grandes herbívoros que constitúen a base da súa dieta (bisontes, renos, cervos, cabalos... etc.). A esperanza de vida era moi corta (25-30 anos) e a mortalidade infantil moi elevada polo que a poboación era pouco numerosa (uns 10.000 habitantes en Galicia, 5 millóns en todo o mundo). Da arte destes pobos pódese deducir que adoraban a unha deusa da fecundidade (Venus paleolíticas) e que practicaban rituais máxicos para propicia-la caza (pinturas de animais nas covas)


Compartilhe com seus amigos:
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   34


©ensaio.org 2017
enviar mensagem

    Página principal